'Memorias dun neno labrego' fai 60 anos como clásico universal da literatura galega
Publicado o 07/01/2021 21:11
O día 5 de xaneiro de 1961 publicouse a primeira edición de Memorias dun neno labrego, un libro que faría historia nas letras galegas.
Para conmemorar o 60 aniversario da obra, celebrouse un acto en Santiago, no auditorio da Cidade da Cultura que leva o nome do autor, Xosé Neira Vilas, un acto íntimo, case familiar -como destacou o conselleiro de Cultura- polas restricións de ocupación da pandemia, pero no que se puxo de relevo a importancia desta obra, a que máis edicións tivo e a mais traducida da literatura galega ata agora. Xosé Neira Vilas faleceu en 2015.