CRTVG

Buscar

Mellora a situación pola covid en Palas de Rei, con nivel medio de restricións

Publicado o 15/08/2021 13:45

A área sanitaria de Lugo reduce paseniñamente tamén a incidencia desta quinta vaga do virus. A pesar de que o ritmo de contaxios é similar ao de onte, case oitenta, baixan novamente os casos activos. Desde esta fin de semana xa non hai concellos en nivel máximo, e municipios como Monforte ou Palas, pasan do nivel alto ao medio. David Valverde. 

Mellora a situación neste concello de Palas de Rei, que este domingo rexistra tres únicos casos activos e unha incidencia acumulada a 14 días por baixo de cen (89). A peor situación viviuse neste concello hai case un es cun gromo no Camiño que deixou unha decena de positivos entre varios peregrinos que se aloxaban no albergue.

A melloría nas cifras permitiu que Palas abandonara este sábado o nivel alto de restricións. É precisamente un dos concellos da área sanitaria que este sábado baixaba de nivel. Tamén Guitiriz e Monterroso.

Pola contra subiron Outeiro de Rei e Xove, de nivel medio pasan a estar agora no alto. Son oito os concellos neste nivel. A área sanitaria de Lugo non ten a día de hoxe, ningún concello con restricións máximas. 

 

 

 

Noticias web

15/08/2021