CRTVG

Buscar

Mellora a situación na área sanitaria da Coruña

Publicado o 31/03/2021 15:09

A área sanitaria da Coruña volve mellorar un día máis a súa situación. Nas últimas 24 horas rexistráronse 27 novos contaxios, 1 falecemento e 51 altas, facendo que descendan os casos activos aos 791, 25 menos que onte.

Mellora tamén a situación nos hospitais. Os ingresados en planta descenden de 61 a 57 e os da UCI mantéñense en 15.

Con todo, nesta área seguen á procura de posibles casos asintomáticos. Desde hoxe e ata o próximo domingo, 5.670 veciños do concello de Cambre serán citados para facer unha proba PCR.

Abegondo é o único concello da áraea coruñesa que está no nivel alto de restricións. A cidade herculina canda Bergondo, Arteixo, Betanzos, Carral, Camariñas e A Laracha atópanse no nivel intermedio. Culleredo e Laxe cambian de nivel e descenden ao nivel baixo.


 

Noticias web

31/03/2021