CRTVG

Buscar

Mellora a situación dos incendios en Grecia tras seis días

Publicado o 08/08/2021 19:27

Nas últimas horas mellorou a situación creada polos incendios forestais que desde hai seis días afectan distintas zonas do país. As autoridades esperan que a recesión do lume nos suburbios do norte de Atenas e o apoio estranxeiro, entre eles de España, que enviou avións anfibios e militares da UME, lles permita controlar este domingo as decenas de incendios aínda activos.

Tras case unha semana coas lapas ameazando distintas localidade e os bosques é a maior catástrofe ambiental do país. Témese que algún cambio poida volver descontrolar a situación. Agora o incendio máis preocupante é o da illa de Eubea, a segunda maior illa grega, onde o lume avanza sen control e a súa parte norte, incluíndo milleiros de hectáreas de bosque virxe, está a ser reducida a cinzas.

Noticias web

08/08/2021