Mellora a evolución do incendio de Ávila tras arrasar 12.000 hectáreas
EFE
Loita titánica dos servizos de extinción no incendio entre os municipios abulenses de Navalacruz e Cepeda de la Mora. Segue en nivel 2, pero os traballos de contención durante a noite permitiron frear o seu avance. Os medios despregados na zona tratan de controlar as lapas e estabilizar o seu perímetro que xa abarca os 80 quilómetros.
E o incendio máis grave rexistrado no que vai de ano. Con máis de 12.000 hectáreas calcinadas e un milleiro de persoas evacuadas. Iniciouse tras arder un coche na beiravía. O lume propagouse con rapidez debido as altas temperaturas e o forte vento.
O que xa está estabilizado é o incendio de Azuébar en Castellón e os 300 veciños evacuados xa puideron volver as súas casas. Os servizos de emerxencias pasaron a noite arrefriando o perímetro.
O incendio iniciouse por mor dun raio nunha zona próxima a Serra de Espadán.O vento e a orografía do terreo complicaron a súa extinción, na que participaron unha vintena de medios aéreos.
Controlados os incendios de Batres, na Comunidade de Madrid, e o de Pancorbo en Burgos que obrigaba a pechar a autovía.