CRTVG

Buscar

Melide ou Monforte, testemuñas da intensificación dos cribados masivos en Galicia

Publicado o 05/02/2021 21:09

Nestes últimos días intensifícanse os cribados por toda Galicia, utilizando distintos tests. En Melide, faise con tests de antíxenos e ningún deu positivo. En Monforte, os veciños  recibiron un kit para recoller mostras e entregalas o domingo. Será o cribado máis multitudinario dos que se realizaron na provincia de Lugo. E é que Monforte foi hoxe, o único municipio de Lugo onde repuntaron os contaxios.

Algo máis de 400 melidenses, entre 31 e 50 anos, estaban convocados esta tarde ao cribado. O resto, ata 1800, someteránse mañá ao test de antíxenos. 20 minutos despois xat teñen o resultado. Pouco esforzo parece para a tranquilidade que supón confirmar ou non un contaxio

O concello de Melide ten 68 casos activos, e unha incidencia acumulada de case 900 casos por cen mil habitantes. A situación,nos últimos dias, vai mellorando

Despois desta explicación, os veciños de Monforte recibían cadanseu kit para levar a casa. Alí recollen, en xaxún, unha mostra de cuspe que logo entregarán o domingo

Monforte foi, este venres, a excepción. O único municipio de Lugo onde repuntou, ainda que mínimamente, a pandemia e supera o umbral dos os mil casos por cen mil habitantes.
 

Noticias web

05/02/2021

Máis sobre Monforte de Lemos