CRTVG

Buscar

Melide entra este sábado no nivel máximo de restricións polo incremento de contaxios

Publicado o 03/09/2021 14:22

O concello de Melide estra este sábado no nivel máximo de restricións polo incremento dos contaxios rexistrados nas últimas semanas; iso tradúcese en que o interior da hostalería permanecerá pechado e as terrazas funcionarán ao 50 %. Os hostaleiros locais anticipan que as perdas serán importantes para o sector e algúns establecementos pecharán temporalmente.

Resignados, así agardan os veciños de Melide que o seu concello entre a partir desta próxima medianoite no nivel máximo de restricións.

Con preto de 7.500 habitantes e 124 novos contaxios diagnosticados nos últimos 14 días, o concello melidense rexistra unha incidencia acumulada de máis de 1.600 casos por cada cen mil habitantes

A partir deste sábado non se permite o consumo no interior da hostalería e nas terrazas a cabida será do 50 %, con grupos máximos de dez persoas por mesa. O ocio nocturno pechará á unha da mañá e só poderán funcionar as terrazas dos establecementos co 75 % da cabida total.

Veciños e hostaleiros de Melide comparten a esperanza dun rápido descenso dos contaxios que permita levantar as restricións máximas o máis axiña posible.

Noticias web

03/09/2021