CRTVG

Buscar

Meira pasará a ser o único concello lucense no nivel alto de restricións

Publicado o 21/04/2021 13:54

Meira será dende o venres o concello con máis restricións da provincia de Lugo. Pasa ao nivel alto, que supón que bares e restaurantes só poderán atender nas terrazas e unicamente a un 50 % da súa capacidade. Os hostaleiros amósanse, pois, fondamente contrariados e dubidan se abrir os negocios.

"Temos algo de terraza, pero o tempo non vai axudar. Será difícil, pero tentaremos atender os clientes".

"Só nos deixan ter as terrazas, e eu, con tres mesiñas que teño, xa non vou abrir".

Meira ten hoxe 11 positivos cunha poboación de 1.750 habitantes, que significa unha incidencia acumulada a 629 casos por cada 100.000. En Ribeira de Piquín hai un único caso que, ao parecer, se contaxiou en Meira. Os veciños levan con paciencia pero sen temor esta situación.

"Estabamos ben aquí, pero tamén chegou. Collérono en Meira como o podían coller noutro lado".

"Aquí é raro que se colla. Pero saíndo por aí cóllese".

"Dixéronme que non andara moito pola rúa".

Na Mariña contivéronse os contaxios, e tanto Trabada como Barreiros seguen en nivel medio.

Noticias web

21/04/2021