CRTVG

Buscar

Medran as reservas para vodas ou comuñóns malia a incerteza

Publicado o 19/04/2021 20:48

Os comedores están preparados e as primeiras celebracións van chegando. Poucas e con pouca xente, pero cada vez son máis os que deciden que este ano casan, si ou si, logo dun 2020 en que algúns negocios facturaron pouco máis do 10 por cento dun ano normal.

Non só vodas. Tamén hai un lixeiro aumento nas reservas de bautizos ou comuñóns. No sector consideran que o problema é que non se sabe como vai quedar a situación para os meses de verán. Din que non saben que responderlles aos seus clientes.

A incerteza provoca que sexan moitos os que decidiron aprazar a súa celebración ata finais de ano. Confían na vacinación e nunha nova normalidade que lles permita facelo por todo o alto.

Noticias web

19/04/2021