CRTVG

Buscar

Medran as matriculacións nos ximnasios, que agardan recuperar este setembro os clientes perdidos coa pandemia

Publicado o 30/08/2021 21:05

Nun ximnasio situado en Ourense contaban con colas para matricularse, e xa se notaba ben que está a piques de comezar o mes preferido para retomar as rutinas, entre elas, o deporte.

Setembro e xaneiro son os meses en que máis altas hai nos ximnasios e moitos ofrecen descontos. Agardan poder recuperar esta nova tempada os clientes perdidos co coronavirus.

Polo momento, a ocupación máxima é do 50 por cento e é obrigatoria sempre a máscara. Con perdas na súa facturación anual do 65 por cento de media pola pandemia, os centros deportivos agardan comezar a ver a luz.

Noticias web

30/08/2021