CRTVG

Buscar

Medran as lesions medulares por accidentes ao tirarse de cabeza

Publicado o 10/06/2021 15:25

Con estas temperaturas, son moitos os que se van lanzar á auga estes días. Desde a Unidade de Lesións Medulares do Chuac advirten dos riscos de tirarse de cabeza. Piden extremar a precaución porque no verán pasado aumentaron este tipo de accidentes. Medran as lesións medulares por accidentes ao tirarse de cabeza

Pode parecer divertido, un xogo de verán, un reto entre a rapazada pero tirarse así de cabeza é unha actividade de alto risco. A media de accidentes aumentou en 2020 e os expertos dan a voz de alarma.

Antonio Rodríguez Sotillo, xefe da Unidade de Lesións Medulares do CHUAC: "O verán pasado a xente desconfinaouse e fixo barbaridades ao tirarse de cabeza, houbo cinco lesións medulares agudas e algunhas evolucionaron moi mal".

Moitos dos accidentes prodúcense no mar, pero tamén en ríos e piscinas. O que non varía é o perfil do accidentado, varón e de pouca idade.  Antonio Rodríguez Sotillo, xefe da Unidade de Lesións Medulares do CHUAC: "Son homes e novos, en 40 anos de profesión nunca vin unha lesión medular por mergullo en mulleres".

De entrada, o consello dos expertos é non tirarse de cabeza. E os que o vaian facer, que minimicen os riscos. Francisco Vieites Pérez, presidente da Asociación de lesionados medulares de Galicia: "Sempre levar os brazos por diante para que o primeiro que impacte sexan as mans". Son accidentes evitables e poden deixar secuelas para toda a vida, así que mellor pensar coa cabeza e entrar con bo pé na auga, e no verán.

 

Noticias web

10/06/2021