CRTVG

Buscar

Medra o mercado dos destilados galegos con selo de calidade

Publicado o 19/03/2019 16:29

2018 volveu ser un ano de medra para as augardentes e licores tradicionais de Galicia. As catro indicacións que protexen estes produtos seguen con tendencia á alza e, en total, certificáronse arredor de 385.000 litros destes destilados, 50.000 máis ca o ano anterior.

Cunha medra do 16 por cento en litros e do cinco por cento en botellas contraetiquetadas, as Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia pecharon 2018 á alza.

Para conseguilo, cada ano fan un importante esforzo de formación e información aos consumidores sobre os nosos destilados de calidade. Demanda hai, mercado hai, pero din que hai que pelexalo con dous competidores desleais: os destilados ilegais, sen etiquetar, e os que se aproveitan da 'marca Galicia' pero non teñen nin a orixe nin a calidade dos destilados certificados.

Con todo, as vendas soben dentro e fóra de Galicia e estes produtos certificados moven xa case catro millóns de euros ao ano no mercado.


 

Noticias web

19/03/2019