CRTVG

Buscar

Medra o maior lume forestal dos Estados Unidos

Publicado o 21/07/2021 14:14
Medra o maior lume forestal dos Estados Unidos

Un incendio de 140.000 hectáreas devora o oeste dos Estados Unidos. O maior dos incendios que arrasan o país acadou tal tamaño que xera as súas propias condicións atmosféricas e dificulta o traballo dos bombeiros. O incendio non deixa de medrar dende hai 14 días en Oregón, na fronteira con California. O aire quente e a vexetación seca actúan de combustible para as lapas, que arrasaron unha superficie equivalente á cidade dos Ánxeles. Polo momento non houbo vítimas mortais.


 

Noticias web

21/07/2021