CRTVG

Buscar

Medra a polémica nos EUA pola orixe da pandemia tras a publicación dos correos do doutor Fauci

Publicado o 04/06/2021 14:16
Medra a polémica nos EUA pola orixe da pandemia tras a publicación dos correos do doutor Fauci

A publicación de varios millerios de correos electrónicos puxeron ao descuberto que o principal asesor da Casa Branca, o doutor Fauci, tomara máis en serio o que expresou en público de que o coronavirus puidese xurdir dunha fuga nun laboratorio chinés. Fauci non desbotou nunca por completo esta teoría, tras a advertencia que lle fixo en xaneiro do 2020 o laboratorio de xenómica vírica de California de que o coronavirus tiña características inusuais.

Nun dos correos feitos públicos, Fauci admite que non pode garantir todo o que está sucedendo no laboratorio de Wuhan, pero esta mesma semana reiterou que que o máis probable é que o coronavirus saltase dun animal a un humano.

Noticias web

04/06/2021