CRTVG

Buscar

Medra a moral do Deportivo Abanca logo de golear o Madrid CFF (3-0)

Publicado o 02/05/2021 13:25

O Deportivo Abanca impúxose por 3-0 diante do Madrid CFF e segue vivo na súa pelexa por evitar o descenso de categoría. Era un partido decisivo, máis logo da vitoria do Betis que encarecía a pelexa pola permanencia. Unha derrota deixaría a permanencia a 8 puntos pero grazas aos goles de Gabi, Alba Merino e Peque volve quedar a cinco puntos cun partido menos e dous duelos directos por diante.