CRTVG

Buscar

Medra a exportación dos viños galegos, cos EUA como principal destino

Publicado o 24/08/2021 16:15

Medra a exportación dos viños galegos e as cifras son superiores ás que se rexistraban antes da covid. Xa durante o primeiro semestre deste ano, segundo os datos da Secretaría de Estado de Comercio, as exportacións dos viños galegos superaron os 30 millóns de euros. Son as mellores cifras en décadas.

Superando en máis dun 20 por cento as de 2019, xusto antes da pandemia, cando se roldaron os 25 millóns en exportacións nese mesmo período, o primeiro semestre do ano. O principal destino dos nosos viños a nivel xeral en Galicia son os Estados Unidos. As adegas prepáranse xa para unha nova vendima mentres as vendas de viño cara o mercado exterior acada cifras nunca antes rexistradas.

Na primeira metade deste ano incrementáronse en máis de 2.400 as toneladas de viño que se exportaron, acadando un valor de máis de 30 millóns e medio de euros. A contía máis alta ata o de agora rexistrárase en 2019, antes da pandemia, é non chegaba aos 25 millóns. O avance da vacinación ou a eliminación dos aranceis en Estados Unidos son algúns dos motivos que barrallan para explicar este aumento das exportacións.

Estados Unidos é o principal destinatario dos nosos viños. ,O valor das exportacións medrou un 40 % chegando aos 10 millóns de euros seguido do Reino Unido con menos da metade e xa máis lonxe Corea, Canadá e Irlanda. Un sector formado por máis de 10.000 viticultores e preto de 500 adegas en Galicia.

Noticias web

24/08/2021