CRTVG

Buscar

Medra a esperanza de vida dos galegos. Que provincia é máis lonxeva?

Publicado o 21/02/2020 19:12
Medra a esperanza de vida dos galegos. Que provincia é máis lonxeva?

Medra a esperanza de vida dos galegos. Sitúase de media 83,34 anos. Pero se distinguimos entre homes e mulleres hai diferenza. Para os homes é de 80 anos. E para as mulleres a esperanza de vida é de 86 anos. 

As mulleres teñen unha esperanza de vida de seis anos máis que os homes. Pero as diferenzas non se atopan só por sexos. Tamén varía segundo a provincia onde se viva. A máis lonxeva é Ourense onde as mulleres poden chegar aos 87 anos e os homes aos 80. Segue de preto Pontevedra e Lugo ocupa o terceiro lugar. A Coruña é provincia coa esperanza de vida menor. Alí as mulleres teñen opcións de chegar aos 86 anos e os homes aos 79, son os únicos de toda Galicia cuxo horizonte vital queda por baixo dos 80 anos.
Desde o 2000 a esperanza de vida medrou en Galicia case catro anos.

Noticias web

21/02/2020