CRTVG

Buscar

Medra a demanda de propiedades no rural tras o confinamento

Publicado o 10/07/2020 21:39

"Noto que as vendas son moito máis rápidas. A xente pensa menos se quere ou non unha propiedade. Unha vez que elixe a propiedade e lle gusta, inmediatamente faise a venda. É como se a xente tivese présa por poder acceder a ese estilo de vida que tanto anhela", explica Rosy Costoya, directora do portal inmobiliario Galician Country Homes.

"Canto aos prezos que temos á venda, estamos tentando mantelos en todos os casos. Moitas veces as persoas que nos contactan son porque tiveron que vender. Ou chegar a unha conclusión de que queren facer ese estilo de vida novo á custa de vender as propiedades que tiñan para poder acceder a unha das que temos á venda", asegura.

"O 80% dos nosos clientes adoitaban ser estranxeiros. Agora mesmo, o 60-70% son nacionais. Os motivos son evidentes: as fronteiras co resto do mundo aínda están pechadas e non sabemos como se van abrir ou cando", subliña.

"Creo que estamos sendo todos responsables, tanto as persoas que poñen as propiedades á venda coma nós, os intermediarios, de respectar e ter en conta a situación do país", conclúe.

 

Noticias web

10/07/2020