Medra a demanda de probas da covid nas clínicas privadas antes do Nadal
Publicado o 19/12/2020 20:28
A elevada demanda levou este laboratorio de Ourense a traballar a fin de semana para facer probras da covid-19.
Teñen citas ata o mesmo 24 de decembro. O máis demandado, PCR, que tarda entre 12 e 24 horas, ou test de antíxenos, moito máis rápido.
Tamén nas farmacias as consultas son frecuentes pero aquí só dispoñen de test de anticorpos, baixo prescrición médica. Así e todo, din non son os máis axeitados para estas situacións.
Lembran que non existe o risco cero e que a mellor garantía é evitar as reunións.