CRTVG

Buscar

Medra a demanda de máquinas para facer deporte na casa

Publicado o 10/11/2020 14:54

A afección polo deporte mantense viva. Toca seguir pedaleando, pero a pandemia e as restricións mudaron algúns hábitos e cada vez son máis os que apostan por facer deporte na casa, e hai unha alta demanda de maquinaria deportiva.

"Dende marzo observouse un incremento importante en vendas en todo o relacionado co deporte, especialmente en bicicletas, bicicletas estáticas e máquinas de facer deporte. Nos meses de verán houbo un descenso de vendas de bicis estáticas e agora volve haber unha repunta na venda de ditos artigos", sinala Santiago Castrillo, xerente dun hipermercado de Lugo.

Bicis estáticas e cintas de correr son agora do máis cotizado e en moitos establecementos están esgotadas. Atopar equipamento, como neste establecemento de Lugo, non é sinxelo, pero a mercadoría non para de moverse e prepáranse xa para abastecer a alta demanda.

"En principio non tivemos problemas de stock e na actualidade temos bastante mercadoría para a posible demanda que veña nestes meses", sinala Santiago Castrillo.

Os que acoden a Internet teñen demoras nos prazos de entrega e moitos recorren a vendas de segunda man.

Noticias web

10/11/2020