CRTVG

Buscar

Medra a demanda de alugueiro de barcos de recreo como opción vacacional

Publicado o 23/08/2021 21:02

Cada vez son máis quen deciden pasar as vacacións navegando nun barco de alugueiro. En España, as matriculacións de embarcacións de recreo medraron entre xaneiro e xullo un 22 % respecto ao ano prepandémico de 2019. Ana, cofundadora dunha central de reservas con sede na Coruña constata a demanda crecente.

Por tipo de barco, os veleiros son as embarcacións máis demandadas. Entre os atractivos de arrendar unha embarcación: as opcións que ofrece e que van desde pasar todo o período vacacional a bordo ou vivir unha experiencia en familia ou cun grupo de amigos.

En España as embarcacións de alugueiro representan case un terzo das compras de embarcacións de recreo rexistradas pola Mariña Mercante.

Noticias web

23/08/2021