CRTVG

Buscar

Buscan un veciño de Navia de Suarna que podería levar desaparecido dúas semanas

Publicado o 03/05/2021 10:34

A José Luis, veciño de Navia de Suarna, botárono a faltar esta pasada fin de semana, aínda que se sospeita que pode levar en paradoiro descoñecido "arredor duns dez días".  A familia denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil na última hora da tarde do sábado, 1 de maio. 

Segundo fontes da Benemérita, trátase dun home duns cincuenta anos ao que se lle perdeu a pista no lugar de Ventosa, no concello de Navia de Suarna, na montaña lucense.

Para tratar de localizalo púxose en marcha un dispositivo de busca en que participan axentes da Garda Civil, veciños e membros doutros servizos de emerxencias.

Un helicóptero e varios drons da Garda Civil sumáronse este luns aos labores de rastrexo.