CRTVG

Buscar

O primeiro incendio da tempada en Galicia queimou 40 hectáreas en Santiago

Publicado o 20/03/2021 19:36

A primeira hora da tarde quedaba extinguido o incendio forestal orixinado de madrugada na parroquia de Figueiras, en Santiago.  No control do lume traballaron medios terrestres e tamén catro helicópteros.

O vento, que soprou con forza, dificultou as tarefas das brigadas e fixo temer que as lapas puideran chegar ata varias vivendas próximas.

En total arderon máis de 40 hectáreas, unhas 30 de monte raso e 10 arboradas.  


Noticias web

20/03/2021