CRTVG

Buscar

Medio Rural recuperará 30.000 hectáreas de soutos para castañas

Publicado o 04/03/2019 20:54

Co obxectivo de recuperar actividade económica no rural, o municipio lugués de Sober conta xa con preto de 30 hectáreas de terreo recuperadas en Santa María de Proendos.

No proxecto mediouse entre titulares e axentes produtivos. Incorporáronse 155 parcelas, fixéronse labores de roza e acondicionáronse camiños de acceso. Cun investimento de 65.000 euros, tras ano e medio de traballo, vanse destinar a dúas explotacións, de gando vacún e de cereais e horta. Durante unha visita, esta tarde, José González subliñou amais que a Consellería do Medio Rural recuperará 30.000 hectáreas de soutos tradicionais para a produción de castaña en Galicia.

Jose González, conselleiro do Medio Rural: "Dentro da estratexia que ten a consellería de pór en valor a terra, esta mañá de luns estivemos nos soutos de Folgoso do Courel anunciando precisamente ese plan de recuperación dos soutos tradicionais de castaños de Galicia e agora aquí vemos como terra abandonada de Galicia se pode transformar en pasteiros para producir produtos da máxima calidade do noso país".

Noticias web

04/03/2019