CRTVG

Buscar

Medio Rural prevé recuperar 10.000 hectáreas coa creación de polígonos agroforestais

Publicado o 03/01/2019 15:29

Os polígonos agrofoestais agruparán nunha soa peza moitas pequenas leiras abandonadas para que as usen cooperativas, agricultores ou gandeiros. Estes terán que ter polo menos o 51% dos terreos do polígono. Do resto das leiras encargarase a Xunta, localizando os propietarios para que as aluguen a través do Banco de Terras.

Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Medio Rural: "Ninguén lle vai a quitar aos propietarios a terra e ademáis recibirán un arrendamento cun prezo rendible para eles e tamén, loxicamente, para a explotación, adega ou cooperativa que queira poñer en marcha o seu negocio".

O Goberno prevé mobilizar deste xeito 10.000 hectáreas durante este ano, creando 15 polígonos piloto en zonas onde a terra é especialmente fértil pero está a silvas.

Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Medio Rural: "O propietario olvídase da obriga de ter que limpar as leiras todos os anos e ademáis recibe unha renda a cambio, como quen aluga un piso".

Os polígonos agrarios son unha das medidas estrela da nova lei para recuperar terras produtivas que prepara a Xunta para mediados de ano.

Noticias web

03/01/2019