CRTVG

Buscar

Medio Rural pide o aprazamento do IVE e Mar presenta unha campaña de consumo de peixe

Publicado o 08/04/2020 20:50

Na videoconferencia o ministro anunciou un decreto que autorizas o traballo agrario aínda que se estea cobrando o paro e o Conselleiro pedíulle que se consulten as medidas coas autonomías. Tamén considerou fundamental que se lles adíe aos agrogandeiros o pagamento do IVE do primeiro trimestre.

Pola súa parte, a conselleira do Mar volveu insistir, entre outras cousas, en que se posibilite a declaración de peche de actividade para o marisqueo e, ademais, flexibilizando as condicións, como pide o sector.

A Xunta presentou unha campaña para fomentar o consumo de peixe tamén nestes días. Rosa Quintana embrou que, a pesar dos graves problemas, en Galicia seguen abertas 40 lonxas e hai 10.000 profesionais do mar traballando a diario.




 

Noticias web

08/04/2020