Medio Rural cre que os primeiros compromisos sobre a PAC marcan o camiño que cómpre seguir
Publicado o 15/07/2021 13:01
No informativo Bos Días tamén estivo o conslleiro de Medio Rural, que participou na sectorial para a repartición das axudas do próximo período da PAC. Nesa xuntanza Galicia conseguiu consolidar a partida presupostaria das axudas recibida o ano pasado e arrincou ao Goberno a promesa de estudar o envío de fondos para o modelo de pequenas e medianas explotacións familiares. Son 75.000 hectáreas destinadas maioritariamente a pastos e forraxes que ata o de agora quedaban fóra das axudas.
"Nós íamos cunha liña vermella, que era consolidar o acadado na anterior negociación. Iso está garantido e agora hai que melloralo. Onte xa conseguimos compromisos", asegurou o conselleiro José González Vázquez.