CRTVG

Buscar

Medio cento de empresas vanse ver afectadas polo tipo mínimo no imposto de sociedades

Publicado o 06/10/2021 16:36

O tipo mínimo do 15 % no imposto de sociedades afectará en España medio cento de multinacionais. Son grupos con ingresos superiores a 750 millóns de euros. Calcúlase que unhas 56 grandes compañías tributan por debaixo do 15 %, unha cifra que se reduce a unhas 20 que non superan o 2 %. Esta decisión do Goberno queda fóra da gran reforma fiscal que se coñecerá o ano que vén e que modificará o sistema tributario en España. Os expertos coinciden en que o seu impacto será mínimo na recadación.

Unha de cada tres multinacionais en España tributa polo imposto de sociedades menos do 10 % do seu beneficio global, cando o tipo nominal xeral sitúase no 25 %.

Este 15 % real para o imposto de sociedades forma parte dun acordo a nivel mundial, no seo da OCDE, que engloba 130 países que concentran o 90 % do PIB no mundo. Os expertos din que sería máis efectivo compasar a medida co resto de Estados pero tamén co resto de medidas tributarias que o Goberno prepara en España para 2022.

Con todo, a capacidade real recadatoria da medida podería quedar limitada. A previsión do Goberno é que o novo modelo do imposto de sociedades entre en vigor en xaneiro, canda os presupostos.

Noticias web

06/10/2021