Medio cento de empresas galegas están ata xoves no Salón Gourmet de Madrid
Abre en Madrid o Salón Gourmets. E os produtos galegos innovadores e vangardistas teñen moito que dicir entre as máis de 2.000 referencias de todo o mundo que están alá presentes.
Galicia conta cun posto de 400 metros cadrados e participan medio cento de empresas galegas. Esta é a edición 33 do Salón Gourmet de Madrid, a feira europea máis grande de produtos gastronómicos de nivel. Pasarán uns 100.000 visitantes nestes tres días pola ela. Hai 2.000 postos expositores en que se presentarán 57.000 produtos, dos que 1.300 son novidades. E en toda esta oferta Galicia ten moito que dicir, en tema alimentos e bebidas de calidade.
Rosa Quintana, conselleira do Mar: "En aspectos de gastronomía, Galicia ten 22 expositores con produtos de mar e 23 da área de medio rural. Temos toda a oferta gastronómica para que todos consumidores se acheguen a coñecer toda unha oferta de sensacións, de experiencias, de tradición e de innovación".
No Salón Gourmets vemos que os produtores galegos tomaron ao pé da letra o da innovación. Dende o peixe á horta. Buscar novas opcións. Iso dáse ata no corte da tradicional carne de vitela galega e é só un dos moitos exemplos da Galicia gastronómica presente nesta feira.
Un ano máis, ampla representación galega neste salón. 45 produtores baixo o paraugas institucional. Outras moitas empresas con caseta propia. O Salón Gourmets durará ata o xoves.