CRTVG

Buscar

Medidas para reducir o risco de que che rouben o pin bancario

Publicado o 07/10/2021 20:59

A autenticación de dobre factor pode axudar a impedir tanto as operacións fraudulentas físicas como virtuais xa que co teu dispositivo móbil terías que validar a operación correspondente. Pero no caso de non tela implementada é fundamental non deixar a tarxeta e vixiar o posible roubo do pin.

Rafa Villaverde, CEO de Infonet e experto en seguridade, sinala que "prácticas como había antes de pasar a tarxeta o camareiro son problemáticas porque poden copiar as tarxetas e teñen toda a nosa información e en compras nos establecementos hai que ter coidado de tapar cando introduces o pin".

Moitas persoas son conscientes xa destes problemas de seguridade por experiencias propias ou alleas e toman medidas para evitalas. As entidades bancarias están obrigadas a tomar as máximas medidas de seguridade para non verse na situación de ter que devolver os cartos os clientes estafados, algo que xa ditaminaron distintas sentenzas xudiciais.

Noticias web

07/10/2021