CRTVG

Buscar

Valencia e Cataluña centran o endurecemento das restricións

Publicado o 13/07/2021 08:26

A vacinación marca o ritmo da pandemia, os menores de trinta centran a explosión de contaxios e as subidas desmedidas dunha incidencia que se sitúa xa de media en 368 casos e que aínda subirá máis.

A cidade de Valencia volve ao toque de recollida, Cataluña pechará todo ás doce e media da noite. As administración temen as repuntas e as localidades turísticas buscan salvar o verán: en Conill volve a máscara obrigatoria aos exteriores.

Primeira noite de toque de recollida na cidade de Valencia... outra vez. Unha trintena de municIpios, entre eles concellos como Gandía e Benicàssim, volven estar baixo a restrición de mobilidade nocturna un mes e cinco días despois de quitala. Entrou en vigor á unha da madrugada.

Dende esta madrugada en toda a comunidade valenciana non se poderán xuntar máis de dez persoas en reunións sociais e familiares. Estas medidas tómaas o goberno autonómico ante a repunta de contaxios, que se triplicaron en dúas semanas. No grupo entre 12 e 19 anos, teñen unha incidencia de 1.200 casos. Os hospitais empezan a atomar medidas, suspendedo operacións e reservando salas. Aínda así, esta comunidade ten unha incidencia media por debaixo da española, que se sitúa segundo os datos do luns en 368.

A evolución da pandemia en España márcaa o ritmo da vacinación; somos un dos paìses da Unión europea que ten máis porcentaxe de poboación inmunizada, só por detrás de Malta e Hungría, e iso reflíctese na incidencia por idades. Entre os maiores de 50 está por debaixo de cen casos, entre os menores de 30, anda polos 800. Pero hai máis variables.

Fernando Simón recoñece que as grandes concentracións de persoas, durante semanas, levaron aos malos datos que ten Cataluña. Alí duplican a media nacional de contaxios.

Así, Cataluña pecha todas as actividades a partir das doce e media da noite e limita as reunións a dez persoas. A evolución da pandemia nos vindeiros dáis, di Simón, dependerá de como se apliquen as novas medidas de control da transmisión.

Noticias web

13/07/2021