CRTVG

Buscar

Médicos voluntarios colaboran nunha plataforma de consultas en liña sobre o coronavirus

Publicado o 23/03/2020 16:56

Instalar unha aplicación no móbil, conectarse e recibir atención médica online sobre o coronavirus. Unha aseguradora e as sociedades españolas de Medicina Interna e de Medicina de Familia colaboran nesta iniciativa.

Ricardo Gómez Guelgas, presidente da sociedade española de Medicina Interna: "Esta actividade realízana de maneira altruista e desinteresada médicos internistas, que axudarán a resolver online consultas de cidadáns e pacientes que o precisen".

Salvador Tranche, presidente sociedade española Medicina de Familia e Comunitaria:"Sempre haberá un médico de familia do outro lado que vai contestar de xeito rápido e asesoralo sobre a mellor actuación que pode facer vostede ante as súas dúbidas".

As consultas poden facerse por chat ou por teléfono, e serven para despexar dúbidas en pacientes con síntomas menores. O obxectivo é desconxestionar o sistema sanitario.

Josep Santacreu, conselleiro delegado DKV : "A telemedicina axuda a reducir o desprazamento a centros sanitarios, co que non só se evitan riscos de contaxio, senón que desconxestiona as urxencias".

Máis de seiscentos profesionais nesta plataforma, que está aberta para todos os médicos voluntarios que queiran participar.

Noticias web

23/03/2020