CRTVG

Buscar

Media parte para o Compostela e media para o Bergan abocan ao empate no Vero Boquete (1-1)

Publicado o 02/10/2021 20:55

Malia as codicións meteorolóxicas adversas, no Vero Boquete de San Lázaro tanto o Compos como o Bergan ofreceron un bo partido. 

A primeira metade con claro dominio local. Nunha xogada por banda dereita, logo de media hora gastada da primeira parte, Escudero ofrece un bo desmarque, unha boa carreira e unha excelente definición. 

No reinicio, de novo Escudero, pero desta volta o seu envío peta no ferro da meta de Santi Canedo. Pero cos trocos e o cambio de sistema o Bergantiños era outro equipo, mostrou a súa mellor versión e logrou marcar de penalti cometido por Matías Vesprini sobre Cano.

Transforma Remeseiro, que engana totalmente a Pato Guillén. O Compos non gañou, pero segue sen peder, o Bergan aínda non sumou de tres en tres pero o punto en Santiago da confianza.

Noticias web

02/10/2021