Media España, en risco por choiva forte e pedrazo
A alerta laranxa vaise estender este mércores á tarde a boa parte de España. Imaxes de Fuenlabrada amosan a forza que tivo a choiva a noite pasada na Comunidade de Madrid, onde os 80 litros por metro cadrado do Alto do León foi o punto con máis precipitacións. En Madrid capital non todos estaban ao tanto.
Notouse pola mañá nas balsas de auga que se formaron nas estradas e na circulación en día de volta ao traballo para moitos.
Problemas de tráfico que afectaron na provincia de Toledo e nas rúas da capital. En Castela-A Mancha, tamén Guadalaxara e Cuenca estarán afectadas.
Navarra non escapou das intensas treboadas e non o fará nas vindeiras horas. Poderían darse de novo situacións como as que se viviron na última xornada. Ata 90 litros por metro cadrado con pedrazo e fortes refachos de vento.
Na zona máis castigada pola choiva na Península Ibérica, na Comunidade Valenciana, continúan a facerlles fronte aos estragos.
Será unha noite, de novo, de moita choiva.