CRTVG

Buscar

Medalla de ouro de ANFACO-CECOPESCA para a Consellería de Sanidade

Publicado o 07/05/2021 15:06

A xestión da pandemia e o labor dos profesionais sanitarios levou a industria da conserva a outorgar a medalla de ouro de ANFACO-CECOPESCA á Consellería de Sanidade. O sector agradeceu tamén o asesoramento que recibiron e os cribados nas empresas, que lles permitiron manter a súa actividade.

O conselleiro de Sanidade recibiu esa medalla de ouro e destacou a excelencia de todo o equipo da sanidade galega.