Mecos-Coruxo, campioa intratable na Liga Galega feminina
Publicado o 19/08/2019 16:48
A liga galega decidirase a próxima semana. Ares será campión. Queda por resolver a segunda praza: Tirán ou Mecos. Ser segundo permite disputar o play-off de ascenso.
En categoría feminina, a campioa xa é Mecos-Coruxo. Unha embarcación que durante todo o verán se mostrou moi superior aos seus rivais. De 7 probas, gañou 6. Só Cabo de Cruz logrou derrotalas nunha ocasión. Mecos-Coruxo xa anunciou que renuncia a disputar o play-off de ascenso.