CRTVG

Buscar

Meaño, O Grove, Sanxenxo e Cambados entran no nivel máximo de restricións

Publicado o 21/07/2021 14:19

Preocupación no Salnés polo aumento dos contaxios

Dezasete mil mozos do Salnés de menos de 35 anos están chamados estes días para facer un cribado en Vilagarcía. A loita contra a trasmisión do virus na comarca ten un atranco: hai xornadas en que só a metade dos convocados acoden a facer o test.

En Cambados hoxe é día de mercado. Iso si, non dos máis concorridos. "Estes días un pouquiño menos, porque a xente ten algo de medo", comenta unha tendeira. "Aglomeracións non vin e a xente vai coas máscaras", di unha turista.

Cambados, O Grove, Meaño e Sanxenxo entran no nivel máximo de restricións. Iso implica que na hostalería funcionará á metade nas terrazas e ao 30 % no interior, onde será obrigatorio o certificado de vacinación para os clientes maiores de 12 anos. Pubs e discotecas terán que pechar. "Non digo que cerren, pero isto haino que parar por algún lado. Ou pechar todos ás dez da noite ou... O que está claro é que o país non se pode pechar", afirma Cristina Domínguez, do bar A Cultural de Cambados.

En Sanxenxo, a incidencia a 14 días supera os 1.500 casos por cada 100.000 habitantes. En total, na comarca hai máis de 1.000 novos contaxios.

Noticias web

21/07/2021