CRTVG

Buscar

Meaño, Meis e Ribadumia estrean restricións para evitar a propagación do virus

Publicado o 28/11/2020 14:41

Os tres concellos do Salnés con restricións desde este sábado teñen unha poboación similar en cifras : roldan os 5.000. No caso de Ribadumia, un dos lugares máis castigados pola covid-19 é este xeriátrico de DOMUS VI que resistira moi ben a primeira vaga. En toda a localidade hai 79 afectados, segundo o concello. O alcalde e os veciños consideran necesarias as restricións.

O Concello reforzou a área de servizos sociais e ten previsto eliminar taxas por terrazas ou lixo aos negocios de hostalería, uns dos máis prexudicados pola pandemia.

Alfonso Piñeiro tamén considera que hai clientela que malia os peches perimetrais sae dos límites ás localidades onde está aberta á hostalería. En toda a bisbarra do Salnés a única localidade sen restricións é a illa da Arousa.

Noticias web

28/11/2020