CRTVG

Buscar

Mbappé guía ao Paris Saint Germain a reencontrarse co triunfo

Publicado o 16/10/2021 13:48

 Con Messi recén chegado e Neymar por chegar, Mbappé asumiu a responsabilidade de conducir o Paris Saint Germain á vitoria fronte o Angers, saíndo ovacionado do Parque dos Principes.

Fíxoo despois de que o ex céltico Boufal amargara lle amargara a primeira metade os parisinos cunha actuación fantástica na que desequilibrou. E asistiu a Fulgini no primeiro tanto do partido.

Era o minuto 36, e os visitantes xa dispuxeran de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador.

Pero MBappé non estaba disposto a deixarse intimidar e decidiu botarse o equipo as costas.

Un centro seu permitiulle a Danilo Pereira facer o tanto da igualada cando o encontro pintaba feo para os de Pochettino. 

Sen ideas claras para atacar o sistema defensivo do Angers e sen fortuna no remate.

Pero o traballo de Mbappe non remataría ahí. Outro centro seu cabeceao Icardi. A pelota dalle na man a Capelle e o colexiado, dous minutos despois de producirse a xogada e tras consulta co VAR sinala penalti.

O Angers, sen embargo, reclamou falta previa de Icardi, no centro a imaxe, que non foi atendida.

Do lanzamento do penalti tamén se encargou MBappé para darlle a vitoria o seu equipo, mantelo no liderato e lograr o seu quinto gol na Liga. Sen Messi, nin Neymar, o equipo tamén queda en boas mans.

Noticias web

16/10/2021