Matías Dituro: "Non quero superar o récord de Cavallero, quero que nos piten menos penaltis"
O meta arxentino pasou polos micrófonos da Radio Galega para xogar 'Ao contraataque'
Dentro do inicio de liga irregular que asinou o Celta, se hai un xogador que sobresaíu polas súas prestacións foi Matías Dituro.
Aposta persoal de Coudet, o arxentino asentouse na titularidade con grandes intervencións, incluídos os tres penaltis que xa detivo no que vai de liga.
Dituro pasou polos micrófonos de Ao Contraataque, na Radio Galega e deixou algunhas reflexións interesantes sobre a súa estadía no Celta:
A chave do seu rendemento: "É mental. Falo unha vez á semana co psicólogo para traballar a miña concentración"
O seu método 'para penaltis': "Análise e intuición. Non quero superar o récord de Cavallero, quero menos penaltis".
A diferenza do fútbol español: "Aquí sempre tes un ou dous segundos menos para pensar que en América do Sur".
Aspas, a 'bala máxica' do Celta: "Iago e Hugo son o corazón do equipo. Iago pronto vai comezar a marcar a diferenza".