CRTVG

Buscar

Mata presuntamente a súa muller e a súa filla antes de incendiar a casa e suicidarse

Publicado o 09/03/2021 21:19

O home que presuntamente matou a súa muller e á súa filla de 10 anos na localidade madrileña do Molar disparou contra as súas vítimas onte á noite e na mañá de hoxe martes quixo queimar a casa e despois suicidouse.

Así o indicaron fontes da investigación, que precisaron que o home non conta con denuncias previas por violencia machista nin na base de datos de VioGen figura nada relacionado con el nin coa súa parella.

As fontes indicaron que o home disparou no peito a cada unha das súas vítimas, mentres que el se disparou na cara.Esta mañá, o home tentou queimar a casa, onde os Bombeiros atoparon tres focos de incendio: na cociña e en dous dormitorios, pero os corpos non estaban nesas dependencias.

A Garda Civil fíxose cargo das investigacións e, de momento, non descarta ningunha hipótese, aínda que o indicios apuntan a un novo caso de violencia machista. 

Noticias web

09/03/2021