CRTVG

Buscar

Mata a muller, queima o corpo e suicidase diante da filla de dous anos

Publicado o 30/07/2021 19:32

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dunha parella en San Vicent de Castellet, na provincia de Barcelona. Os primeiros datos da investigación fan pensar que o home matou a muller e levou o corpo no coche ata un descampado. Alí prendeulle lume ao cadáver e despois suicidouse co cinto de seguridade do vehículo. Os policías acudiron ao lugar alertados por un aviso de incendio. Cando chegaron, atoparon o corpo calcinado da muller. A poucos metros, localizaron un coche cun home e unha meniña dentro. El suicidárase co cinto de seguridade.

A cativa, de dous anos, tiña feridas e queimaduras. Trasladárona con vida a un hospital e, mentres non se localiza un familiar, está a cargo da dirección xeral de Atención á Infancia da Generalitat. No concello de Terrasa, onde vivían os falecidos, convocouse un minuto de silencio. A policía mantén abertas todas as hipóteses. Aínda que todo fai pensar que se trata dun crime machista. No que vai de ano, 28 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas. A violencia machista repuntou dende a fin do estado de alarma. Só no mes de xuño foron asasinadas 9 mulleres.

 

Noticias web

30/07/2021