CRTVG

Buscar

Mata a muller en Palma e tenta facerlle crer á policía que morrera nun accidente de tráfico

Publicado o 04/11/2020 21:14

A última vítima da violencia machista en España é unha muller de 32 anos, de nacionalidade española. O seu cadáver foi atopado a útimas horas deste martes nesta pista dunha zona boscosa próxima a Palma de Mallorca. O home detido como presunto autor do crime avisara previamente uns familiares de que tivera un accidente de tráfico e que a súa muller podería estar morta. Porén, a policía non creu esta versión e detívoo.

Na reconstrución dos feitos, o detido confesou que discutiu coa vítima por unha cuestión de celos e que a matou dun golpe na cabeza. A vítima deixa catro fillos e non consta que presentara ningunha denuncia previa contra o seu agresor. As institucións das Baleares sumáronse ao minuto de silencio para condenar este asasinato machista.

Con este novo caso de violencia machista son 39 as mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano.

Noticias web

04/11/2020