CRTVG

Buscar

Maside súmase aos concellos con máximas restricións, tres en toda Galicia

Publicado o 18/03/2021 13:37

O caso de Maside é paradigmático da capacidade de expansión do virus: pasou de ser un dos concellos libres da covid-19, antes do Nadal, a un dos tres coas maiores restricións de Galicia canda outro ourensán, Vilardevós, que ten 14 casos, e Paradela, en Lugo, con 13 casos.

 "Eu xa tiña oído que ía pechar. É unha mágoa, estar sempre con esta ladaíña: que pechan que abren e así todo o tempo. Non se dan aclarado as cousas", lamenta unha veciña.

En Maside hai 11 casos activos entre unha poboación de 2.700 habitantes. O comité clínico aplicoulle as restricións máximas porque o maior número de positivos concentrouse nos últimos sete días, en dous gromos familiares.

A partir de mañá, pecha a hostalería e prohíbense os desprazamentos. As reunións, só entre os da casa.

Esta tarde, o 60 por cento da poboación está convocada a un cribado. 900 veciños de 18 a 74 anos, na procura de asintomáticos.

Noticias web

18/03/2021