CRTVG

Buscar

Maside deixa de estar pechado perimetralmente

Publicado o 29/03/2021 14:46

Maside baixa do nivel máximo ao alto e deixa de estar pechado perimetralmente. Recuperan a mobilidade co resto de Galicia agás Beade e volven paseniño á normalidade.

Despois da mobilidade, o principal cambio é o da hostalería que reabre de novo, aínda que só nas terrazas e ao 50 % de ocupación. Os veciños poden de novo sentar tranquilos a tomar algo. Con todo, teñen presente que non se pode baixar a garda.

No concello teñen agora catro casos activos e a incidencia acumulada está por debaixo dos 150 casos por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

29/03/2021