A Xunta facilitará máscaras transparentes ás persoas xordas
Publicado o 01/03/2021 14:28
A Xunta distribuirá entre todas a persoas xordas galegas máscaras homologadas transparentes. Estes modelos non ocultan os beizos para poder favorecer a comunicación.
O Goberno galego destinará este ano máis de 1,3 millóns de euros á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, que vai colaborar no repartimento das máscaras.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, comprometeuse a seguir avanzando cara a accesibilidade universal surant eunha visita á sede da entidade na Coruña.