CRTVG

Buscar

Más Madrid non ve o seu teito e cre que o proxecto pode seguir medrando en España

Publicado o 05/05/2021 15:04

Más Madrid, a escisión de Podemos fundada por Íñigo Errejón, vai liderar os escanos da oposición na Asemblea madrileña. Con 24 deputados, logra catro máis que en 2019, e supera os socialistas en votos.

Tanto a candidata, Mónica García, coma o propio Errejón, pensan que estes resultados teñen unha lectura en clave estatal.