CRTVG

Buscar

Á marxe da tendencia xeral, a área sanitaria da Coruña supera xa os 4.500 casos de covid

Publicado o 06/08/2021 14:31

Ademais onte a positividade das PCR ascenceu ata o 19 %. Iso indica que hai problemas de trazabilidade nos casos. Por iso, os responsables da área pídenlle á cidadanía que comunique os positivos, que respecte as corentenas, que comuniquen os contactos estreitos. É o xeito de deter a transmisión deste virus, ademais do incremento das restricións.

Tres concellos da área sanitaria, Sada, A Laracha e Cee, súmanse mañá aos sete que xa estaban en nivel alto.

Nos concellos da área metropolitana da Coruña que xa teñen nivel alto, os cidadáns e tamén os turistas, buscan actividades ao aire libre para esquivar a covid, pero ao tempo poder aproveitar o lecer de agosto. Unha exposición de oleiros, paseos pola costa, ou actividades marítimas son algunhas das alternativas.

Afecta á hostalería, que esixe certificado no interior. Con boa acollida xeral entre os cidadáns que xa completaron a pauta da vacinación. Entre os máis novos, cada vez máis frecuente atopar os que optaron polo sistema de autocita, para formar parte da solución.

A vida social da mocidade, polo xeral máis ampla, fai que sexa máis complicada a trazabilidade dos contactos. Por iso desde a área sanitaria piden non agochar os positivos nin os contactos e cumprir as corentenas. En xeral, na rúa obsérvase seriedade e cumprimento.

A área da Coruña suma mañá Sada e A Laracha aos concellos de Oleiros, Arteixo, Cambre, Culleredo, Betanzos e a propia cidade que quedan en nivel alto. Na área de Cee, a propia vila súmase a Carballo e Fisterra neste nivel. Mentres, aceléranse as probas diagnósticas para atallar a transmisión.

 

Noticias web

06/08/2021