CRTVG

Buscar

Martín de la Puente e Jacobo Garrido son as novas promesas dos paralímpicos galegos

Publicado o 18/08/2021 13:16

Catro veces campión de España e diploma olímpico nos Xogos Paralímpicos do Río con tan só 17 anos. Fanático do fútbol. Unha enfermidade rara truncou as expectativas de Martín de la Puente. Descubriu o tenis adaptado e marchou a Barcelona para mellorar o seu xogo. Posto 11 na serie mundial, busca subir ao podio en Toquio.

"Véxome con opcións a competir contra todos os xogadores que hai no ránking, vou listo para dalo todo", asegura Martín.

Futuro da natación paralímpica, con case 19 anos, Jacobo Garrido ten un currículo envexable. Campión do mundo de 400 metros libres en 2019. Conta coas mellores marcas mundiais nas distancias de 800 e 1.500. Toquio será a súa primeira experiencia paralímpica.

"Soñar soño con gañar, pero o obxectivo principal é gañar unha medalla", comenta Jacobo.

Opcións de medalla das novas promesas. O segredo? Traballo, esforzo e disciplina.

Noticias web

18/08/2021