CRTVG

Buscar

Martes de Entroido no Complexo Hospitalario de Ourense

Publicado o 16/02/2021 14:29

Están sendo meses, case un ano xa, moi duros para todas as traballadoras e traballadores do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU). Como agradecemento ao seu esforzo e para adozar un pouco este martes de Entroido recibiron unha sorpresa moi especial.

"Revivimos a alegría que tiñamos que ter por estas épocas", di María do Carmen Cid, traballadora do hospital.

A Pita de Eiroás preside a particular comparsa que hoxe percorre os corredores do hospital. O Entroido vívese con especial sentimento na provincia de Ourense onde a tradición está moi arraigada.

"Imos pasear polo andar facendo o máximo ruído posible porque hai demasiado silencio. Tentaremos botar unha risas", asegura a Pita.

Risas e tamén as tradicionais orellas que non poden faltar no Entroido. 

"Entendemos que coa situación actual non se podía celebrar coma sempre, pero queriamos darlles un pouco de cor ás persoas hospitalizadas e ao persoal", explica Belén Piñeiro, do equipo de humanización do CHOU.

 

Noticias web

16/02/2021